Monday 16 de September de 2024

Ofrenda floral a Xoán Vicente Viqueira


O Concello de Bergondo rendeu hoxe homenaxe ao escritor Xoán Vicente Viqueira no centenario da súa morte, o 29 de agosto de 1924. Algúns e algunhas integrantes da corporación realizaron unha ofrenda floral no monumento que o autor ten no cemiterio desta parroquia bergondesa.

Este acto enmárcase dentro das accións que o Concello de Bergondo está a desenvolver este ano en homenaxe a Xoán Vicente Viqueira, figura á que se lle dedica o ano 2024.